CAMINOS DE IDA Y VUELTA

CAMINOS DE IDA Y VUELTA

viernes, 4 de abril de 2014

MIÑA TERRA GALEGA!

Houbo unha vez un galego de Hórreos (O Courel, Lugo) que emigrou a Arxentina.
Este galego apañou un pouquiño de terra galega; e gardouna dentro da maleta coa que cruzaría o mar; e esparexeuna pola horta da súa nova casa en Buenos Aires.

Hoxe a súa neta, profesora do Colexio José Hernández, apañou un pouquiño de terra desta horta, terra que veu de Galiza, que se asentou na Arxentina e que volverá con nós ao seu lugar de orixe... Terra que vai e vén e volve e retorna e regresa e se confunde nunha amalgama de historias cheas de historia.


Os nenos e nenas de Primaria,quenda da tarde, foron os encargados de nola entregar a cada un dos membros do IES Luís Seoane. Que mozas máis lindas!


E que elegancia nos homes!

2 comentarios:

  1. Que buena representacion tenemos en Buenos Aires, todas y todos guapisimos, incluidos claro estan Luisa, M Xose , Carlos y Rufina, que por cierto son estupendos.Besos para todos.

    ResponderEliminar
  2. Que emocionante esa historia que conta Mª Xosé, so con ler xa me escapou unha bágoa. Se chego a estar ahí... A Terra vai e ven con nos e coas nosas historias, por iso o vínculo con Arxentina é tan grande.
    Por certo qué guapas elas e que elegantes eles! E vos?. Onde estades?. Tamén queremos ver o guapos e guapas que estabades.

    ResponderEliminar